![]() |
| vista fachada principal _ novo aspecto |
![]() |
| vista xeral _ novo aspecto fachada posterior |
![]() |
| vista xeral _ caixa do salón de actos _ praza rúa Cervantes |
![]() |
| vista da nova entrada e a praza da rúa Cervantes |
![]() |
| vista da fachada rúa Cervantes, nova praza_nova entrada |
![]() |
| vista xeral - fachada principal |
![]() |
| vista da esquina Marqués de Ugena//Pedro Saco |
![]() |
| vista xeral coa Escola de Música en primero plano |
![]() |
| vista da esquina Marqués de Ugena//Pedro Saco |
![]() |
| vista do zona expositiva (espazo multiuso) |
![]() |
| vista do vestíbulo dende a zona expositiva |
![]() |
| vista do vestíbulo dende a biblioteca |
![]() |
| vista do vestíbulo dende a biblioteca |
![]() | |
| vista da zona expositiva |
![]() |
| vista do salón de actos |
![]() |
| vista do salón de actos |
















A verdade é que é un lavado de cara importante na zona. E con respecto ó auditorio, se faltan butacas dóblanse os conciertos e listo!
ResponderEliminarSó teño que engadir que se faga canto antes!
El arreglo esta bien, sobre todo el del salón de actos. Pero no me gusta nada la idea de cambiar la fachada. Ultimamente parece que prima la idea de los diseños ultramodernos y a veces nos olvidamos que lo antiguo es una seña de identidad. Es bonito llegar a un pueblo y ver los edificios restaurados y que han signifacado tanto para su historia. Esos relojes que marcaban las horas, los cuentos que evocan....
ResponderEliminarLa funcionalidad por dentro es otra cosa, que sea moderna y equipada a la última, pero que nos dejen disfrutar de las cosas de toda la vida que también son bonitas.
Antes de nada agradecer as aportacións.
ResponderEliminarHai arquitecturas que son tanto ou máis importantes pola súa presencia nas cidades que polo seu uso, nese sentido a Casa da Cultura ocupa un edificio con máis dun século de vida que garda unha parte importante da historia da vila, iso é un valor a ter en conta. Por outra banda, os requerimentos que os cidadáns facemos ós nosos edificios públicos dende hai cen anos teñen cambiado drásticamente.
Penso que sería un erro querer manter conxelado no tempo o edificio da mesma forma que o sería non ter en conta o seu valor intrínseco, a clave sería entón pensar en como intervir e en que se consegue.
Nós pretendemos que os cambios que son imprescindibles por necesidades do espacio interior nos permitar impulsar a creación dunha praza na parte posterior potenciando así a relación entre o edificio e o espacio urbano e concentrar os esforzos de conservación na fachada principal que é a que sempre deu a cara á vila e a que concentra o significado histórico deste edificio.
Como perfectamente indocumentada na materia opino desde un punto de vista meramente subxetivo que a parte de fóra gústame pero prefiro que se conserve o edificio tal como está xa que os que mantiñan a identidade da vila foron sustituídos por mamotretos impersoais, con 5 alturas máis das debidas e incluso construídos no propio Camiño. É un símbolo marabilloso da arquitectura e un símbolo de xenerosidade aportada por Matías López.
ResponderEliminarDentro quedou bonita pero persoalemente non estou a favor de gastar cartos nesta época de crise no auditorio, que non na biblioteca e zona de estudio (fundamentais hoxendía) porque aínda se me poñen os pelos coma escarpias cando penso no presuposto adicado á Cidade da Cultura cos impostos de tódolos galegos.
Como opinión persoal sobre o proxecto, teño que dicir que me parece unha boa integración do edificio dentro do espazo público, o arranxo dos distintos accesos dirixidos a unha entrada que finalmente fai respetar o edificio,así como a praza que se xenera e o aproveitamento da diferenza de cotas para facer un espazo atractivo ó mesmo tempo que funcional; tendo en conta as necesidades que se requiren hoxe en dia dun edificio destas características a adaptación dos espazos a un programa mais actual e que dé servizo a todos os usuarios,ten, dende o meu modo de ver, flexibilidade e a capacidade de adaptarse ós posibles cambios de uso que se poidan producir nun futuro. No tocante ó que se falou aquí sobre o tratamento do edificio histórico, enténdoo como un elemento fundamental a respetar, dende logo, é a orixe do proxecto, a faciana principal continuará a ser a mesma e no tocante á fachada posterior considero que unha doble pel de vidro é unha forma razoable atendendo ás necesidades de respetar a cara histórica do edificio aportando ó mesmo tempo unha imaxe actual e dacordo cos tempos.
ResponderEliminarAnte todo gracias polos vosos comentarios.
ResponderEliminarEn canto ao tema do respeto á integridade do edificio histórico, como xa explicou Javier, é algo que tivemos en conta dende o primeiro momento e foi parte activa do proxecto. Deixar intacta a fachada principal, manter os ocos como están, non facer crecementos que rompesen a simetría do edificio foron temas que se manexaron dende o principio. Unha premisa do proxecto sempre foi poñer en valor o edificio existente, non facer un novo edificio no seu lugar.
Respecto a outros edificios clave da vila que se perderon estou totalmente de acordo e precisamente o que buscamos e defendemos é que antes de facer novas infraestructuras hai que valorar e actualizar o que xa hai.
En canto o tema da crise e o custo, creo que xa é algo máis persoal. De todalas formas, o presuposto sempre sairía de partidas destinadas a cultura (e que non se poderian destinar a outros menesteres) e á larga gástase menos facendo un proxecto integral de conxunto que poñendo parches e remendos cada pouco tempo ademáis de que o resultado soe ser mellor.
E xa para rematar, creo que este tipo de proxectos atópanse nas antípodas de outros como o da Cidade da Cultura, precisamente pola sua natureza de rescatar o existente e darlle un carácter actual, polivalente e adaptado os novos tempos sen grandes obras de enxeñería (a min tamén se me poñen os pelos de punta pensando na Cidade da Cultura)
Efectivamente nos pensamos que unha segunda pel de vidro respeta totalmente a esencia e o ritmo da edificación existente, ademais fai que o edificio se abra ó ambito exterior na sua fachada posterior creando un espacio mais atractivo que o que atopamos actualmente.
ResponderEliminarEste crecemento resolve funcionalmente os recorridos verticais permitindonos así dispoñer de todo o núcleo central liberado.
En definitiva a nosa intención é ser moi respetuosos coa construcción existente pero intentando dar respostas a un programa na actualidade.
Grazas por aportarnos ideas e problemas para que entre todos intentemos mellorar a nosa vila.
Me gustaría dar la enhorabuena a estos chicos por la valiente iniciativa de participar activamente dentro de la redacción de un plan general. Quizás no solo los arquitectos deberían mostrarse preocupados por la ecología urbana y sería fantástico que economistas, comerciantes, vendedores ambulantes, jubilados, biólogos, músicos, y todos los demás… se agrupasen y presentasen sus propuestas, yendo más allá de la alegación interesada, colaborando en la redacción del documento que es el germen del futuro la ciudad.
ResponderEliminarMe parece también interesante esta nueva forma de presentar una idea, y dado el espíritu abierto y participativo del blog plantear nuevas líneas de debate.
Personalmente la intervención me parece muy potente, desconozco el grado de protección del edificio pero parece que cambiar radicalmente su forma puede entrar en conflicto con las leyes del patrimonio. Si una de las necesidades es un pequeño auditorio, ¿valoraron la posibilidad de enterrarlo en el vacío posterior? Evidentemente el edificio tiene que crecer, optan por hacerlo a lo alto ¿podría hacerlo hacía abajo? ¿están sujetos a algún presupuesto? Evitaría complicaciones estructurales e incluso problemas de evacuación y protección contra incendios provocadas por tan altas ocupaciones en plantas altas, facilitaría tareas de intendencia y de montajes escénicos con accesos directos desde el exterior.
Desconozco las necesidades de Sarria, pero en un local “polifuncional” es necesario funcionalizar tanto un espacio con el montaje de un auditorio, puro y duro. ¿Valdría con una sala en el que puedan ubicarse plataformas y asientos no fijos?. Daría la posibilidad de manejar el espacio con flexibilidad. Un auditorio deber ser un auditorio y a día de hoy ni Lugo lo tiene.
Me enrollo… despedirme y volver a felicitarles por la capacidad de movilizar a nuestros representantes e involucrarlos en la necesidad de escuchar a sus ciudadanos, ¿es esto democracia participativa?, bravo, y espero les vaya todo bien.
Todo muy bien, pero creo que priman crear extructuras de más importancia para el disfrute y la salud de los Sarrianos (las famosas instalaciones de la piscina climatizada);sin menospreciar para nada la salud Cultural.
ResponderEliminarPero si estás mal físicamente y con dolores, mal podrás disfrutar adecuadamente de lo demás.
Y me gusta, pero pongo mis prioridades en otro orden.
Ante todo seguir dando las gracias a todos los que estais participando en este foro.
ResponderEliminarCreemos que realizamos una intervención visualmente potente, ya que intentamos que los espacios que se generan de nuevo se diferencien a simple vista, pero esto también implica la práctica conservación de la imagen actual del edificio. Por otra parte la intervención es muy poco agresiva, se trata de una nueva piel que cubre la construcción antigua, pero que podría ser eliminada.
El hecho de crear un pequeño auditorio, viene dado por la necesidad de primar ciertas funciones que hoy en día ya tiene la Casa de la Cultura. En cuanto a su ubicación, somos conscientes de los problemas que se generan al colocarlo en la planta superior, pero esta situación favorece otro tipo de consideraciones como la de que cada planta pueda funcionar de manera independiente, entre otras muchas.
Mucho gasto, y poco o ningún uso se le dará a todo lo que se está planificando.
ResponderEliminarEn beneficio de quién?
Prácticas?
Ilusiones?
Hay crisis !!!!!!!
Valoremos lo que es estrictamente necesario, hoy y ahora, que lo demás puede esperar. Seguro que ese gasto tiene mejor servicio en otras prestaciones más urgentes para el pueblo de Sarria.
No os parece?
Bueno, evidentemente, unha obra deste calado non é barata, eso é innegable, trátase dunha proposta de remodelación para xerar unha infraestructura de futuro, que resolva o groso da actividade cultural da vila durante un bo período de tempo.
ResponderEliminarO beneficiario, evidentemente é Sarria, ao completo, que disporá por fin dun espazo habilitado para que actividade que existe poida ser amosada e haxa lugar para novas iniciativas; poñendo un exemplo, a banda de Sarria difícilmente atopa acomodo no actual salón de actos. Estamos a falar dunha poboación dinámica e ben posicionada en moitos aspectos, se a comparamos con vilas similares, pero que si atendemos á infraestructura cultural, está tremendamente alonxada.
Sin querer entrar a temas que lle correspondería contestar á corporación municipal, entendo que os orzamentos que se consigan para esta dotación, non suporán unha merma no que se poida conseguir para outras cuestións que sexan máis urxentes, ou precisas, segundo quen o mire.
Así e todo, penso (a título totalmente persoal) que temos que empezar a mirar á cultura dun xeito diferente. Non se trata de desbotar un precioso diñeiro para que se catro ou cinco se entreteñan, trátase de formar persoas máis aló dos estudos básicos, de abrir mentes, de amosar novos xeitos de pensar e comportarse, de abrir ámbitos de relación e coñecemento, de tantas e tantas achegas que a cultura pode facer na formación dunha persoa e unha identidade. Se se consiguen persoas máis cultas e máis formadas, teremos xente máis feliz, máis capaz e máis desenvolta, o que non se consegue doutro xeito que apostando pola cultura e as dinámicas creadoras e formativas, como políticas de longo percorrido.
En resumo, que é posible que haxa cousas máis urxentes nesta vila; pero dende logo si non se resolven, non será por culpa deste proxecto; o cal, de saires adiante, si que suporá un grande benificio para a vila e os seus habitantes.
Gracias a los recien llegados por mostrarnos el único camino. Podríamos discutir largamente sobre la validez de vuestra definición del concepto cultura.
ResponderEliminarPartiendo de la necesidad de la remodelación de este edificio, considerar la intervención agresiva y muy poco respestuosa.
¿Habeis valorado la posibilidad de en vez de proponer vuestra solución proponer ser convoque un concurso de ideas firme y transparente?
Estimado Anómino, primeiro que nada, paréceme totalmente lexítimo que non comparta o meu concepto de cultura, pois é algo persoal e ao que se lle pode atribuir funcións e obxectivos moi diferentes. (Remarcar que é miña opinión persoal, non consensuada no grupo, polo que non me fago portavoz do conxunto nesta cuestión).
ResponderEliminarNo tocante á agresividade da intervención, entendo que poida resultar impactante a elevación do corpo cental; que polo visto neste mesmo blog, parace ser o que máis preocupa. A este respecto, entendemos que cunha premisa de crecemento da capacidade de Salón de Actos, Zona Expositiva e Biblioteca e cunha vocación de independecia de uso entre as partes (para así facilitar a xestión do edificio, fancendo máis viable o seu uso), entendemos que é o mellor camiño.
Digo esto, partindo da nacesidade dun volume capaz bastante amplo para conseguir unha mellora substancial do Salón de Actos.
Sendo así, un crecemento dunha das alas, por exemplificar, rompería a simetría do edificio e ademáis impediría medrar en ancho o escenario, transformando o esforzo en baldío. Se por exemplo, este crecemento se producise cara abaixo, soterrando o volume do salón de actos, poderíase ver comprometida a integridade estrutural do edificio. Finalmente, outra das propostas aquí aparecidas, que sería externalizalo na contorna do edificio (soterrado segundo se comentou), témola apartada polo momento, entendendo que o esforzo de construcción sería demasiado grande, especialmente sabendo da posibilidade de alonxalo no marco da edificación existente. Por isto, cremos que a colocación do Salón de Actos na parte alta é a máis óptima, tendo en conta os factores anteditos.
Finalmente, nós sentímonos totalmente lexitimados para facer unha proposta, tanto para a Casa da Cultura, como para calquér outro edificio da vila, pois somos cinco rapaces de Sarria, con interese e ganas, e cos coñecementos específicos da materia. Outra cousa é que sexan as nosas ideas as que se utilicen para levar adiante os proxectos; pois non temos capacidade, lexitimidade ou pretensións de impoñer nada e ninguén. É, e será sempre o Concello, o que teña que decidir quen fai as cousas e de que xeito.
Disculpen pero es que su propuesta parece un cubo de rubik. Muy de arquitecto.Y por los comentarios de arquitecto egolatra.
ResponderEliminarNon ten que se desculpar, deu a súa opinión, e nós tentamos explicar por qué propoñemos o que propoñemos. É imposible gustar a todo o mundo, e está claro que con vostede non atinamos, alomenos no que atinxe ao aspecto exterior.
ResponderEliminarSomentes pretendemos que a proposta chege a todo o mundo e a coñeza na súa globalidade; non só no referido á forma, se non tamén no seu contido, que ao fin e ao cabo será o que transforme a intervención en exitosa ou non.
No referido á egolatría, dende logo non son eu o axeitado para xulgala.
Un saúdo
La verdad es que iba a hacer una valoración del proyecto desde el punto de vista del diseño y la funcionlaidad, pero despues de leer todo esto no lo creo necesario.
ResponderEliminarPrimero, por que habla por si mismo y se justifica plenamente ya no solo desde el uso y la necesidad, si no tambien desde el punto de vista de la forma. El diseño del edificio integra tradición y modernidad. La identidad del pasado es eso, identidad. y debe de tratarse como lo que es, la huella de la cultura en el paso del tiempo y el sentimiento de 'pertenza' de los sarrianos a su ciudad e historia. No se puede convertir nunca en una lacra para el progreso y dotar a los cidadanos de lo que necesitan: una mejora de la infraestructura.
En segundo lugar, quisiera decir que me entristece enormemente leer comentarios que me recuerdan otros tiempos, que vetan el progreso de una ciudad como Sarria. Se nos llena la boca para decir que queremos ser Europa que queremos ser modernos, que queremos todo lo bueno por mejorar y al final nos quedamos en eso, en palabras, por que a la hora de la verdad cuando sale una oportunidad como esta, la criticamos y nada. Y luego queremos evolucionar, luego queremos todas las maravillas del progreso, luego nos quejamos los gallegos de estar olvidados...
Me gustaría que llegara el momento en el que al presentarse una oportunidad como esta fueramos capaces de ver que mejorar es cosa de todos. Y si, en CRISIS especialmente.
Identidad es asumir que las sociedades cambian y tienen nuevas necesidades. Identidad es asumir QUIEN somos y lo que NECESITAMOS.
Pois a min paréceme que a mellor inversión que un pobo pode facer en tempos de crise é precisamente a inversión en cultura.
ResponderEliminarPersoalmente o proxecto paréceme axeitado (e non son arquitecto)ya que sabe manter unha clara harmonía entre a construción existente e a nova, sen estridencias.
Está claro que un proxecto desta magnitude non vai poñer a todo o pobo dacordo. Seguramente, se propuxerades limpar a pedra e facer un par de tonterías máis ou menos innovadoras por dentro, ós que non lles vale nada estarían máis contentos. Ou non, vai ti saber.
ResponderEliminarO proxecto é, dende a perspectiva dunha cidadá de a pé, moderno, limpo, práctico, xove e con vocación de perpetuarse no tempo servindo de eixo da cultura sarriana.
A percepción da beleza é moi persoal e, sobre todo, subxectiva. Non así a percepción do pragmatismo dunha infraestructura. Polo que puiden escoitar durante a presentación do proxecto, pareceume eminentemente práctico e funcional.
Nótase que moitos nunca tiveron que estudar na biblioteca que temos na actualidade, ou asistir a charlas, teatro e demais acontecementos na actual Casa da Cultura. Pois iso é cultura, señores. E para poder ter cultura, hai que ter espazos dignos nos que levala a cabo.
Por outra banda, paréceme tristísimo que haxa personaxes escondidos detrás dun "Anónimo dijo..." que se dediquen a minar a enerxía e o entusiasmo dos máis novos empregando palabras que rozan o insulto e a burla gratuita.
Parece que para facer cousas interesantes, serias e cribles hai que ter, como mínimo, corenta anos. Pois non, non é así.
Particularmente, o comentario que empeza: "Gracias a los recien llegados por mostrarnos el único camino...", amosa o que pasa. O que pasa é que don Anónimo está enfadado porque fastidia ver como se desenvolven os máis novos... pobre Anónimo. Home, anímese e presente vostede un proxecto, seguro que tamén se terá en conta. Pero entendo que non o faga vostede, claro, seguro que vostede cobra un pastón por facer dúas raias nun papelote. É o que ten.
Que non vos inqueden os comentarios dos que pensan así. Non vos desilusionedes, xa demostrastes que tedes coraxe, creatividade e que estades de sobra preparados.
Parabéns.
Felicidades para os arquitectos!!!
ResponderEliminarCreo que moitas veces queixamonos de que non se conte cos cidadans e para unha vez que se nos presenta a oportunidade malgastamola con criticas casi insultantes e non para presentar as nosas ideas e pensamentos!
Por outra banda creo que estes rapaces estan moi lexitimados para presentar as suas inquedanzas xa que son xente sarriana que pretenden mellorar o seu pobo e ninguen coma a nosa xente nova para saber en que Sarria desexan vivir nun futuro!
En canto á proposta pareceme un gran avance para Sarria e non penso que o cambio e a modernidade estea reñido coa conservación e o respeto ó pasado.
Daniel
Noraboa os compñeiros que fan que o pobo de Sarria vexa que as cousas se poden facer ben, é un proxecto increible que amosa que as extructuras antigas pódense mellorar sustancialmente, repito noraboa a un proxecto cheo de ilusión, agora necesita os apoios orzamentarios que a administracción local e autonómica debe volcar para que todos os sarriaos podan desfrutar de "algo" que todos necesitamos
ResponderEliminarUn saúdo
Sei que partindo da edificación que temos,non e posible que nin iste, nin outro proxecto cubra as necesisades culturais da vila ao cen por cen. E por isto que, despois de mirar atentamente o proxecto, vou a calificalo de sobresainte. !Moito me gusta o cubo!.Entrar ou sair po la porta de atrás xa non será peiorativo, a lo menos na Casa da Cultura de Sarria. !Noraboa rapaces!
ResponderEliminarPues a mi me gusta, y mucho.
ResponderEliminarAhora bien, incidís mucho en el aspecto estético, para mi con un excelente resultado, y en el funcional, en este el tiempo nos dirá... Pero lo que no he visto, quizá porque tampoco me he informado demasiado, es el plan que teneis para garantizar la sostenibilidad energética del edificio. No sé, algún tipo de mejora en la eficiencia de las instalaciones del mismo. Un tema cada dia más importante tanto ECOnómica como ECOlógicamente y en dónde para mi reside de verdad la diferencia entre una edificación moderna y que "ofrece" a los vecinos o vetusta y que "consume y demanda" de ellos.
Enhorabuena, con gente así de emprendedora saco pecho de ser de Sarria.
Un saludo y ánimo juventud!
Eu penso que é unha moi boa idea, primeiro porque un concello con tantos habitantes non pode estar sen auditorio, segundo por que se lle da a oportunidade a xente nova, preparada, da zona. É unha forma de lavarlle a imaxe a Sarria, claro que é un edificio emblemático de Sarria, pero moi mal aproveitado ao meu modo de ver, coido que sería unha maneira elegante de cambiar a idea que a xente ten do concello.
ResponderEliminarÁnimo rapaces, gústame a alternativa.
Bueno, o de sempre, que aínda hai xente que lle gusta mezclar churras con merinas. Cómo no se nos enche a boca falando de moito concepto xeral, abstracto e que fala por si solo, pero non, non fala por si solo porque para min o único que vexo é un ataque que non ven a conto escudado nun "anónimo".
ResponderEliminar- ¡Hai crisis!: pois nada, agachámonos baixo dunha pedriña ata que escampe. Vale xa de escusas para seguir vetando.
- "Valoremos lo que es estrictamente necesario, hoy y ahora, que lo demás puede esperar": vale, ¿o qué? esta frase é moi bonita pero non di nada. Quizais te referías ó centro de atención primaria ó que a Xunta lle negou o presuposto (...)
- "concurso de ideas firme e transparente": claro, xa que o pobo sarriano entende máis de arquitectura que un arquitecto. que por certo son de sarria tamén!!!!!
en fin, perdón por seguir dándolle alas a este fio sen sentido, pero non me puiden aguantar. santa paciencia que tedes. Ánimo e a facelo canto antes, que fai moita falta.