miércoles, 12 de enero de 2011

COMPARATIVA

Como estamos a ver que moitos dos comentarios sobre a arquitectura están referidos á imaxe exterior do edificio, propoñémosvos unha comparativa entre o estado actual e estado reformado, para facilitarvos a análise. Comentarvos que os detalles de traballo da pedra, barandas e outros elementos decorativos que observades nas fotos do estado actual, están simplificadas no modelo 3D para facilitar a súa execución, non quere decir que vaian a ser eliminados en ningún caso.

vista dende a rúa Marqués de Ugena - FACHADA PRINCIPAL
vista dende a rúa Marqués de Ugena - FACHADA PRINCIPAL
vista dende a rúa Marqués de Ugena - FACHADA PRINCIPAL
vista dende a rúa Miguel de Cervantes - FACHADA POSTERIOR
vista dende a rúa Miguel de Cervantes - FACHADA POSTERIOR
vista dende a confluencia Marques de Ugena - Pedro Saco (a Escola de Música ao fondo)




 

jueves, 30 de diciembre de 2010

O BLOG

Hola, primeiro que nada agradecervos a todos a participación e interese amosado, e recordarvos que este espazo permanecerá aberto e esperando as vosas aportacións interesantes e constructivas sobre a proposta para a Casa da Cultura até finais deste mesmo mes.

Un saúdo, e graciñas pola vosa atención




(NOTA: PUBLICAMOS AQUÍ CERTA INFORMACIÓN PARA TODOS AQUELES QUE NON POIDESTES ASISTIR Á PRESENTACIÓN FORMAL, PRIMEIRO UNHA MEMORIA XUSTIFICATIVA E LOGO UNHAS IMAXES DA PROPOSTA)

MEMORIA


Consideramos que hoxe en día a Casa da Cultura é unha infraestrutura moi pouco aproveitada, presentando numerosos espazos perdidos, moito percorrido de circulación ineficaz e unhas dimensións inaxeitadas nos usos principais, nos que destacan o espazo expositivo, a biblioteca e o salón de actos, e que cremos deben ser os eixos que organicen o novo edificio.

No tocante á contorna do edificio, podemos entedela como unha concatenación de espazos desconectados da rúa e entre eles mesmos. Por unha beira está a plataforma de acceso, por outro lado aparece a esquina entre a Casa da Cultura e a Escola de Música, un lugar afundido con respecto da beirarúa e aos accesos dos edificios, resultando un buraco de grandes dimensións. Finalmente aparece o espazo anexo a rúa Miguel de Cervantes, que tralo muro que o divide desta, non é capaz de resolver de xeito confortable o acceso á Escola Infantil.

Dando por sentado que os requerimentos de superficie e volume máis esixentes son os do salón de actos comezamos o proceso de reorganización coa reubicación deste elemento. Tendo presente a premisa de que o aforo, e especialmente o escenario, deberian de sufrir un aumento considerable respecto ao actual.

No tocante o espazo expositivo cremos que debe de ser noble e ben caracterizado, e que ademáis permita fácilmente a súa adaptación ás necesidades concretas das exposicións, así como outros usos propios do Concello (pequenos actos, reunións, presentacións…)

Pola súa banda, a biblioteca precisa un aumento de superficie así como dos seus postos de lectura, permitindo a aparición de novas zonas destinadas a estudio, traballo en grupo, etc… sen esquecer unha capacidade maior de almacenamento así como unha boa disposición destes espazos.

En canto á organización das partes pretendemos que poidan funcionar de xeito autónomo, é dicir, a posibilidade de pechar unha zona mantendo outras en funcionamente facilitando así a súa xestión.

Finalmente o espazo público pertencente a parcela ten que permitir cambiar a relación da Casa da Cultura coas rúas que a rodean e máis co Parvulario e a Escola de Música integrándoos nun único espazo cultural coas dimensións e representatividade precisas.



Co fin de respectar as premisas anteditas colocamos o salón de actos na planta alta do volume central. O patio de butacas queda configurado en 2 alturas, sendo esto posible mediante un crecemento en vertical.

Establecendo un reparto por capas dos usos, mantendo a premisa de independizalos no seu funcionamento, e unido esto á colocación do salón de actos, levanos a tomar a decisión de desprazar a escaleira e o ascensor ao exterior. Para a súa colocación optamos pola fachada traseira, que nos permite resolver a entrada a planta soto, crear unha nova relación co espacio anexo á rúa Miguel de Cervantes (actualizandoa e dotandoa de carácter e escala), e todo isto respectando ao máximo posible a fachada noble da rúa Marqués de Ugena. Para a resolución crease un gran pano de vidro que encerra as comunicacións pero mantén a lectura da fachada orixinal.

O conxunto das comunicacións verticais e a caixa do salón de actos establécense como un só elemento que conforma unha capa de modernidade que reviste parte do volume central sen impedir a lectura completa do edificio primixenio.

Os dous usos restantes ocupan agora as duas plantas que quedan liberadas; a biblioteca na planta semisoto, vencellada á nova entrada e á praza da rúa Cervantes; e o espazo expositivo na planta principal, ligada á entrada noble da rúa Marqués de Ugena.

Os accesos das diferentes cotas converxen nun espazo de vestíbulo a dobre altura, que comparten a biblioteca e o espazo expositivo, actuando como lugar de recepción para cada unha de esas partes e tamén así para o salón de actos que polo seu aforo e carácter precisa un espazo previo amplo e digno.

A biblioteca organízase co acceso no volume central (íncluido no vestíbulo xeral), os fondos e depósito nun dos laterais e unha zona de estudo e traballo en grupo no outro lateral integrando tamén o telecentro ao uso diario da biblioteca.

O espacio expositivo responde á estrutura da biblioteca, cun espazo central que fai ás veces de vestíbulo e de espazo expositivo (en virtude dos requerimentos da exposición amosada) e dous corpos laterais independizables e configurables que asumen as funcións expositivas nuns espazos carácterizados pola presencia da estrutura de cuberta.

En resumo, cun total de metros construidos prácticamente idéntico, conseguimos duplicar a superficie adicada ós tres usos primordiais, reducindo notablemente os espazos de circulación, residuais e usos secundarios.



O proceso de renovación compleméntase cunha reconfiguración dos espazos da contorna fomentando a sua apertura e integración coas rúas, ademáis de redefinir a relación dos 3 edificios co espazo público. Delimitamos 3 ámbitos de intervención diferenciados:

  • Primeiro, á cota da entrada principal, atopámos o espazo da rúa Marqués de Ugena. Co fin de potenciar a súa función de antesala, recepción do edificio e evidenciar a súa representatividade, queda configurado como un único plano que incorpora a beirarrúa, coa consecuente eliminación do peche actual. Ésta plataforma prolóngase cara a rúa Pedro Saco para facilitar a vinculación cos restantes espazos e a Escola de Música.
  • Segundo, na confluencia das rúas Marqués de Ugena e Pedro Saco aparece un espazo a 2 metros baixo a cota da rúa. Trátase dun ámbito agora dominado pola Escola de Música e ao que verte tamén un dos corpos laterais da Casa da Cultura. Para conseguir unha maior continuidade entre as partes, eliminar a sensación de buraco, e obter un espazo de estancia, establecemos un sistema de plataformas cada 40cm que configuran unha serie de parcelas verdes con bancos perimetrais, dando lugar a unha zona de repouso abrigada e acolledora, que pode funcionar puntualmente como graderio.
  • Como remate e gran novidade aparece unha nova praza no espazo posterior. Trátase éste dunha gran explanada á que verten os tres edificios e que se encargará de resolver accesos e esperas ós mesmos, así como de poñelos en relación e servir de soporte á escála e ao carácter da nova faciana da Casa da Cultura. Para conseguir esto desaparece o muro da rúa Cervantes simplificando as ciruculacións e os accesos, aproveitando a condición peonil desta rúa.






Resumo de superficies:



Biblioteca de 270 a 405 (m2)

Exposición de 200 a 475 (m2)

Salón de actos de 170 a 300 (m2)

Circulacións de 250 a 105 (m2)


lunes, 27 de diciembre de 2010

IMAXES DA PROPOSTA

(PULSA PARA AMPLIAR)

vista fachada principal _ novo aspecto


vista xeral _ novo aspecto fachada posterior

vista xeral _ caixa do salón de actos _ praza rúa Cervantes

vista da nova entrada e a praza da rúa Cervantes

vista da fachada rúa Cervantes, nova praza_nova entrada

vista xeral - fachada principal

vista da esquina Marqués de Ugena//Pedro Saco

vista xeral coa Escola de Música en primero plano

vista da esquina Marqués de Ugena//Pedro Saco

vista do zona expositiva (espazo multiuso)

vista do vestíbulo dende a zona expositiva

vista do vestíbulo dende a biblioteca

vista do vestíbulo dende a biblioteca

vista da zona expositiva

vista do salón de actos

vista do salón de actos

VIDEO PRESENTACIÓN

neste link podedes ver o video completo da exposición do día 17: 
http://www.megavideo.com/?v=JFYYF7U4

pedimos desculpas polo audio, pero é mellor que conseguimos.

visitas